Español | English | Português | Català | Galego | Euskera
  • Que podemos facer polo planeta? En Roca preguntámonos isto hai máis de 50 anos e desde entón non descansamos en buscar solucións que axuden a preservar e mellorar o noso ámbito.
  • Desenvolver cisternas que funcionen cunha menor cantidade de auga, deseñar novos produtos que usen a auga dun xeito máis eficiente, cambiar os nosos procesos de fabricación para reutilizar os recursos ou crear unha fundación que busque un mellor uso da auga, son só algunhas das accións que reflicten o noso compromiso co planeta.
  • En Roca cremos que calquera esforzo polo planeta é pouco. Por iso, queremos ser os primeiros en defender o medio e coidar a auga. Queremos demostrar que preservar o planeta é posible e nos convén a todos.
    • O noso ámbito de actuación divídese en tres áreas.
    • Produtos Roca
    • Procesos de produción sostibles
    • Fundación We Are Water

  • PRODUTOS ROCA

  • En Roca levamos máis de 50 anos desenvolvendo produtos eficientes que aforran auga. A nosa visión sostible tamén permitiu obter sorprendentes e innovadores produtos que cambiaron os esquemas demostrando que sempre se pode ser máis eficiente e aproveitar mellor os recursos.
    • Billas
    • Roca incorpora en todas as billas o cartucho cerámico exclusivo con tecnoloxía SofTurn®, conseguindo os máis altos niveis de precisión na selección do caudal e da temperatura requirida, co conseguinte aforro de auga e enerxía.
    • 50% Water & Energy saving CLICK é unha exclusiva tecnoloxía desenvolvida por Roca para o aforro de auga e enerxía nas súas billas. O seu exclusivo sistema CLICK de seguridade axuda a limitar o caudal da auga directamente, de xeito que o usuario teña que forzar cara a arriba se é necesario un maior caudal.
    • Cisternas
    • Roca dispón en todas as súas cisternas dun mecanismo de interrupción e dun sistema de dobre descarga de 3/6 litros fronte aos 12 litros das cisternas convencionais. Ademais, desenvolveu xa modelos de 3/4,5 litros, como a nova colección MERIDIAN, dispoñible no mercado desde 2009.
    • Lavabos/Inodoros
    • Durante o ano 2009 Roca lanzou ao mercado o W+W (washbasin + watercloset). Un produto innovador que combina dúas pezas esenciais en calquera espazo de baño: lavabo e inodoro.
    • Esta fusión dos dous elementos, inodoro e lavabo nunha soa peza, permite aplicar a nova e sostible tecnoloxía de Roca "Reutilización da auga", unha forma de aforrar auga reducindo o seu consumo nun 50% para así contribuír á protección do medio.
    • W+W reutiliza a auga usada no lavabo para encher a cisterna do inodoro, e dispón dun sistema automático de limpeza que evita os malos olores e as bacterias na auga, o que garante unha excelente calidade.

  • Innovar en produtos sostibles deu como resultado miles de millóns de litros de auga aforrados en todo o mundo. Estes resultados fannos seguir buscando novas maneiras de aforrar auga e así preservar o medio.

  • PROCESOS DE PRODUCIÓN SOSTIBLES

  • Para integrar a nosa visión global e ambiental nos procesos de produción, en Roca desenvolvemos o proxecto Eco-Roca.
  • O proxecto Eco-Roca ten dous obxectivos fundamentais: reducir as súas emisións de CO2 un 25% para o ano 2014 respecto ás do exercicio 2006 e xestionar, a través do programa Zero-Waste, un proceso industrial sen residuos materiais.
  • FUNDACIÓN WE ARE WATER

  • En Roca, o noso compromiso co planeta vai alén dos nosos procesos de produción ou dos nosos produtos. Non só buscamos solucións para aforrar auga senón que tamén desexamos e traballamos para que todo mundo teña acceso a ela.
  • Por iso creamos a fundación We are Water, que nace para reflexionar e sensibilizar a opinión pública e as institucións sobre a necesidade de crear unha nova cultura da auga que permita o desenvolvemento xusto e unha xestión sostible dos recursos hídricos no mundo.
  • En definitiva, coa Fundación We Are Water queremos reforzar o noso compromiso coa sostibilidade, ademais de colocarnos como unha compañía de referencia nesta materia.